Sunday 05 de May de 2024

As xornadas de turismo mariñeiro conclúen no 20 de agosto


No 20 de agosto terá lugar a última das xornadas de turismo mariñeiro programadas para este verán por parte da Concellaría do Turismo da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Charo Varela (Nós Pobra), e da Asociación Mar da Pobra.

Trátase dunha proposta, cunha duración de noventa minutos, na que as mariscadoras explicarán a pé de praia, concretamente na dos Raposiños, o seu labor ás persoas participantes, os aparellos que empregan e os recursos marisqueiros dos areais do municipio.

O prezo para desfrutar desta experiencia estipúlase nos 12 euros para as persoas adultas e de balde para nenos e nenas menores de 10 anos. O punto de encontro establécese na oficina do turismo, situada na Casa Mariñeira, en horario de mañá. As reservas pódense formalizar no propio punto de información turística, a través dos teléfonos de contacto 671090262 e 687482835, ou mediante o enderezo electrónico turismo@apobra.gal.